xoves, 22 de novembro de 2007
Reganosa acabará sendo inutil ou cumplirá a sua función pero fora da ria
Verbas de Xosé M. Beiras aos veciños de Meá o día que rematou o encerro no concello de Mugardos que durou 110 días en denuncia pola ubicación da Planta de Gas no interior da Ría de Ferrol. Neste acto tamén participaron veciños, artistas, políticos, sindicalistas, poetas, e asociacións do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol, os cales agradeceron e homenaxearon aos veciños por esa loita de 110 dias pechados no concello de Mugardos, ao que os veciños contestaron que terminaba o peche pero non a loita, que continuarían loitando para que o perigo que supón a Planta de Reganosa sobre a vida da poboación e a riqueza da Ría, sexa tido en conta polas autoridades competentes, esixíndolles a súa paralización e o traslado ó porto exterior.
¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!
venres, 9 de novembro de 2007
Perigo nenos xogando
Este parque infantil esta situado a 200 mts da planta de gas de Reganosa onde xogan alegremente os nenos da localidade da Pedreira alleos ao perigo que supón a proximidade da planta de gas. No perímetro de seguridade de 400 mts de Reganosa, o cal tería que ser de exclusión, existen mais de 70 casas e viven unhas 180 persoas .
Pódense ver as cúpulas dos tanques no fondo da foto.
martes, 6 de novembro de 2007
Gran Churrascada en Laraxe
sábado, 20 de outubro de 2007
Homenaxe a Ernesto Guevara ,El Che
Con esta entrada quería render homenaxe a Ernesto Guevara cando se cumpren 40 anos da súa morte.
Naceu o 14 de xuño 1928 en Rosario, Arxentina, Case catro décadas despois, en La Higuera, Bolivia, morre o Che.
Foi un dos líderes da Revolución Cubana. Na década dos '60 estableceuse cun pequeno grupo guerrilleiro en Bolivia onde foi capturado e executado de forma clandestina polo Exército Boliviano coa colaboración da CIA estadounidense. Trala súa morte converteuse nun símbolo de alcance mundial, para os seus seguidores simboliza a loita contra as inxusticias sociais ou de rebeldía e espírito incorrutible, mentres que é definido polos seus detractores coma un asasino en masa e criminal, acusándoo ademais dunha má xestión como Ministro de Industria.
Breve biografía extraída do blog Patria Grande.
1928: Ernesto Guevara nace o 14 de xuño en Rosario, Arxentina. Aos dous anos de idade sofre o seu primeiro ataque de asma. A familia múdase en 1932 á cidade de Altagracia por recomendación médica.
1947: En decembro ingresa na Facultade de Medicina da Universidade de Bos Aires.
1952: Viaxa por Arxentina, Chile, Perú, Colombia e Venezuela en compañía de Alberto Granados.
1953: O 12 de xuño recibe o título de médico. O 6 de xullo parte rumbo a Venezuela, mais a situación que atopa en Bolivia e o seu posterior contacto con exiliados latinoamericanos en Perú faille cambiar de idea. En decembro chega a Guatemala.
1954: En xaneiro coñece a Antonio Ñico López, participante no asalto ao Cuartel Moncada, co que estabelece amizade. Despois do golpe de estado que culmina co derrocamento do goberno democrático de Jacobo Arbenz, o Che parte rumbo a México.
1955: En xullo coñece a Fidel Castro e alistase como médico da futura expedición do Granma.
1956: O 25 de novembro, os combatentes revolucionarios parten do porto de Tuxpan con rumbo a Cuba. O desembarco prodúcese o 2 de decembro e os rebeldes son sorprendidos poucos días despois en Alegría de Pío polo exército de Batista.
1957: O 17 de xaneiro participa no primeiro combate vitorioso dos rebeldes en La Plata. O 28 de maio obtense unha importante vitoria no ataque ao cuartel do Uvero. Segundo o Che, este combate marca a maioría de idade do Exército Rebelde. O 5 de xuño, noméano xefe da cuarta columna rebelde (en realidade, a segunda). Entre xullo e decembro fixa o seu campamento na zona de El Hombrito. Alí instala unha escola, unha fábrica de zapatos, unha talabartería, unha armería, unha ferraría e un forno para facer pan.
1958: O 21 de agosto, o Che recibe a orde de marchar con destino á provincia das Vilas para pórse á fronte das unidades do Movimiento 26 de Julio que operaban nesa zona. A columna invasora 8 Ciro Redondo parte o 31 de agosto dende El Jíbaro. O 8 de setembro chega a Camagüey. O 15 de outubro, logo de percorrer máis de 500 quilómetros, chega á serra de El Escambray. O Che instala a súa comandancia en Caballete de Casa. O 28 de decembro, como parte da ofensiva final do Exército Rebelde, inicia o ataque á cidade de Santa Clara. O 31 de decembro consúmase a toma da cidade e o triunfo da Revolución.
1959: O 2 de xaneiro trasládase a La Habana. O 7 de febreiro é declarado cidadán cubano por nacemento. O 26 de novembro é nomeado presidente do Banco Nacional de Cuba.
1960: O 4 de marzo acode ao lugar onde estalou o barco francés La Coubre. Ao día seguinte, durante a despedida no funeral das vítimas da sabotaxe, o fotógrafo Alberto Korda inmortaliza a súa imaxe na máis famosa das súas fotografías. O 21 de outubro parte nunha viaxe cara aos países do campo socialista. Visita Checoslovaquia, a Unión Soviética, Alemaña Oriental, Hungría, China e Corea do Norte.
1961: O 23 de febreiro noméano Ministro de Industrias. O 9 de abril publica na revista Verde Olivo un artigo titulado 'Cuba, excepción histórica o vanguardia en la lucha contra el colonialismo?'. O 16 de abril trasládase á comandancia de occidente en Consolación del Sur, Pinar del Río, pois a intelixencia cubana pensa que haberá unha invasión por esa zona, a máis próxima ao continente. O Che sofre un accidente coa súa pistola. O desembarco mercenario finalmente prodúcese en Playa Girón que perde a batalla en tan só 72 horas. O 2 de agosto viaxa á fronte da delegación cubana rumbo a Punta del Este, Uruguai, para participar na Conferencia do Consello Interamericano Económico Social. O día 8 intervén na quinta sesión plenaria e ataca a denominada Alianza para el Progreso. O 17 pronuncia un discurso na Universidade Nacional de Montevideo. O 19, tras concluír a súa visita polo Uruguai, viaxa á Arxentina e ao Brasil.
1962: O 22 de outubro, ao desencadearse a Crise de Outubro, asígnaselle a defensa da parte occidental do territorio cubano. O Che instala a súa comandancia na cordilleira dos Organos, Pinar del Río.
1963: O 30 de xuño viaxa a Alxeria para participar nas actividades polo aniversario da independencia.
1964: O 17 de marzo parte rumbo a Xenebra para participar na Conferencia Mundial de Comercio e Desenvolvemento.
1965: O 12 de marzo, o semanario uruguaio Marcha publica o artigo do Che titulado El socialismo y el hombre en Cuba. O 3 de outubro, no acto de constitución do Comité Central do Partido Comunista de Cuba, Fidel le a carta de despedida do Che.
1966: O 3 de novembro chega a La Paz, Bolivia, co nome de Adolfo Mena González e pasaporte uruguaio. O 7 de novembro incorpórase á guerrilla.
1967: O 18 de abril publícase en Cuba a súa Mensaje a los pueblos del mundo a través de la Tricontinental. O 8 de outubro féreno en combate na Quebrada del Yuro. O 9 de outubro é asasinado na aldea de La Higuera.
1997: O 28 de xuño un grupo de expertos cubanos e arxentinos descobre unha fosa común en Vallegrande cos restos do Che e doutros seis guerrilleiros, aínda que nos últimos anos outras testemuñan negan que sexan os auténticos. O 12 de xullo é recibido no aeroporto de San Antonio de los Baños pola súa familia e os seus compañeiros. O Che descansa no mausoleo da praza Ernesto Che Guevara en Santa Clara.
Frases do Che
"Os poderosos podem matar uma, duas até três rosas, mas nunca deterão a Primavera."
"O verdadeiro revolucionário é guiado por grandes sentimentos de generosidade; é impossível imaginar um revolucionário autêntico sem esta qualidade".
"Não nego a necessidade objetiva do estímulo material, mas sou contrário a utilizá-lo como alavanca impulsora fundamental. Porque então ela termina por impor sua própria força às relações entre os homens."
"No momento em que for necessário, estarei disposto a entregar a minha vida pela liberdade de qualquer um dos países da América Latina, sem pedir nada a ninguém..."
"Hasta la vitória, siempre!"
xoves, 18 de outubro de 2007
Manipulación e Belas Artes
X.L. Méndez Ferrín
Hai unha semana lía no grande xornal madrileñista de Arteixo unha noticia de oito ou dez liñas nas que se daba conta de que un barco gaseiro entrara na ría de Ferrol para despachar a súa mercadoría na planta de Mugardos e que, en consecuencia, trescentas persoas, ben contadas ao parecer polo corresponsal anónimo, nin unha máis nin unha menos, se manifestaron contra tal tránsito e contra tal actividade insalubre e perigosa para a seguridade dos seres humanos. Estas poucas liñas facían mención lacónica de que un grupo de veciños (non mencionaba o protagonismo dos de Meá ou Mehá) leva 76 días de encerramento na casa do concello de Mugardos en protesta contra a emprazamento da planta regasificadora do, ao parecer todopoderoso, señor Tojeiro dentro da Ría. Parco pero certo. Ora si, no mesmo número do mesmo xornal coruñés de que falamos, vimos que a información de poucas liñas sobre a planta de Reganosa viña seguida de oito ou dez páxinas completas, entre as cales unha de publicidade aberta da citada Reganosa , pre-enchidas de brillante prosa e brillante despregue fotográfico sobre a candidatura da parte dazaoitesca de Ferrol á condición de Patrimonio da Humanidade, que é cousa que nunca certei a saber en que consista. (Deixemos, por hoxe, sen considerar o desprezo que os políticos de Ferrol demostran, desde sempre, polo seu casco histórico medieval, máis ben invilecido, e que só teñan ollos para o Ferrol militar borbónico e producto do Despotismo Ilustrado).
Tamén eu gosto do Ferrol do século XVIII, home non. Pro iso non me impide observar que o xornal de que falamos utilizou a imaxe e o esplendor da enxeñaría e a arquitectura neoclásica emanada da razón cesarista borbónica para ocultar que o medio ambiente, a salubridade e a vida das persoas están ameazadas realmente pola planta regasificadora de Reganosa dentro da Ría cando onda no Prioiriño Pequeno (o de "Chico" vén do Ministerio da Mariña, Madrid tamén) hai sitio dabondo para a súa instalación. A beleza, a proporción, a severidade, a grandeza do espírito militar neoclásico constituiron no seu día atributos a un tempo utilitarios e belos, por non dicer funcionais, dunha cidade-enclave estretéxico do Despotismo absolutista. Hoxe, ese Ferrol de pedra clasicista está a servir como pantalla de distracción destinada a ocultar o Ferrol e os núcleos de poboación da ría que leva o seu nome onde que viven seres humanos que se sinten ameazados por unha fábrica de gas que pode ocasionar unha catástrofe. Se eu fose profesor de xornalismo, sen dúbida daría unha clase práctica sobre manipulación da opinión baseándome nas páxinas do xornal que provocaron esta columna. A Historia da Arte ao servizo da ocultación da realidade, titularíase a lección.
Lean o libro Muros de silencio. Corrupción e ameaza na Ría de Ferrol, por Enrique Barrera Beitia e Manuel Ángel Rodríguez Carballeira. Procúrenno na Asociación Cultural Fuco Buxán de Ferrol porque é duro de o atopar por aí xa que, dalgunha maneira, é un libro prohibido polo poder realmente existente. Demasiados intereses políticos e económicos pesan sobre o asunto da gaseira de Mugardos. De momento, a colusión entre PP, PSOE e BNG coincide en todo co espírito demostrado no Hórreo por estas tres forzas para designar un Valedor do Pobo de quen imos ter que velarnos.
X. L. Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é a figura cimeira da cultura galega contemporánea. O seu labor abrangue os ámbitos da narrativa, da crítica, da investigación, do pensamento e da acción política e social. Doutor en Filoloxía, catedrático de Literatura e director da revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro.
luns, 8 de outubro de 2007
Queiman unha pancarta no concello de Mugardos
Comunicado de prensa dos veciños encerrados no concello
Na madrugada do día 7 de Outubro sobre as 6:30 horas persoa ou persoas descoñecidas queimaron a pancarta que a veciñanza encerrada na Casa do Concello de Mugardos tiñamos colocada na fachada principal de devandito edificio, onde se indicaba o número de días que desde o 23 de Xullo levamos encerrados, 75 naquel momento.
A pesar de que os presentes no peche a esa hora atopabámonos no interior do edificio, os culpables do vandálico acto, non dubidaron en pór en perigo as nosas vidas, podendo provocar queimaduras ou algún problema grave de intoxicación se o lume ou o fume entrasen en devandito local.
Queremos recordar que con esta, é xa a terceira agresión que os veciños encerrados sufrimos durante a nosa protesta no concello:
1º Secuestro do mural por parte do alcalde.
2º Explosión dun artefacto no interior dun colector de vidro, próximo ás vivendas da veciñanza e ao local onde habitualmente realizamos as nosas reunións.
3º Queima da pancarta á que nos estamos referindo neste comunicado.
Unha vez máis denunciamos que nos sentimos prexudicados ante ese tipo de grupos de intransixentes que pretende impedir a liberdade de expresión de xente que protestamos cívica e exemplarmente contra a localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría de Ferrol.
Significar que no momento de enviar este comunicado xa se presentou a oportuna denuncia por parte da Asociación Veciñal "O Cruceiro de Mehá"
Significar tamén que aínda non se presentou no concello desta localidade nin o alcalde, Xosé Fernández Barcia nin ningún outro membro da corporación, ao obxecto de interesarse polos feitos acaecidos.
Aproveitamos tamén para recordarvos que hoxe ás 14:00 horas hai unha concentración-cacerolada no peirao de Ferrol como protesta da entrada do 8º gasero para REGANOSA. A continuación unha caravana de vehículos desprazarase desde o porto de Ferrol cara aos tanques de REGANOSA (Mugardos) a cal está prevista que chegue sobre as 15:15 horas
Mugardos, a 7 de Outubro de 2007
PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
martes, 2 de outubro de 2007
Máis de 5000 persoas maniféstanse en Ferrol contra Reganosa
Máis de 5.000 persoas, unhas 2.000 segundo a Policía Local e 10.000 segundo os convocantes, manifestáronse o domingo en Ferrol convocados polo Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol para pedir ás administracións competentes que Reganosa non sexa autorizada de forma definitiva, xa que a planta de Mugardos opera en fase de probas desde o pasado 9 de maio. José Manuel Beiras di que a planta de gas "significa un sometemento do poder político aos intereses do capital privado", tamén censurou as contradicións da súa propia formación. "Houbo unha posición moi clara do BNG, cando gobernaba en Ferrol, de situar a planta no porto exterior, e esa postura cambiou de forma alevosa".
xoves, 27 de setembro de 2007
O DOMINGO MANIFESTACION EN FERROL
martes, 25 de setembro de 2007
Versos de Tito para os veciños de Meá
Versos de Tito dedicados aos veciños de Meá que levan mais de dous meses encerrados no concello de Mugardos en oposición a localización da planta de gas de Reganosa, algunhas a 100 mts da planta.
xoves, 20 de setembro de 2007
Manifesto de solidaridade coa Plataforma de Veciños do Cruzeiro de Meá
Quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá (Mugardos), pechados no Casa do Concello de Mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante, deste país ou de calquera outro, ten o dereito a que non lle estraguen a súa paisaxe e seu o contorno, e a non vivir a súa vida baixo a ameaza silenciosa dun perigo terríbel.
Quen asinamos este manifesto acreditamos que a xustiza e as leis que nos damos teñen que servir para defender os principios de igualdade e de liberdade, e non para protexer os intereses dos máis poderosos e xustificar as decisións que estes toman á marxe de toda legalidade e amparándose nos recantos máis escuros da sociedade e da humanidade.
Quen asinamos estas liñas acreditamos nun modelo de desenvolvemento sustentábel e autocentrado, que non repita os erros que se cometeron no pasado ao localizar empresas en sitios inaxeitados, e ao promover industrias de enclave que dun ou doutro xeito acaban por explotar e esgotar os recursos naturais que tamén son patrimonio de alguén, nosos ou doutros pobos.
Quen asinamos aquí sabemos que a existencia de REGANOSA en Punta Promontoiro trouxo tamén consigo a miseria e a baixeza morais de quen quixo ou precisou poñerse do lado dos poderosos, así como a tristura de ver enfrontados a veciños con veciños e a familias con familias, e que non hai forma máis implacábel de acabar cunha comunidade que destrozala dividíndoa desta maneira.
Quen asinamos temos a esperanza de que se traslade esta instalación fóra da Ría de Ferrol, na súa localización primixénea e ideal do Porto Exterior, e estamos convencidos de que aconteza o que aconteza coa nosa causa, moitas outras persoas están atendendo e entendendo, compartindo, ensinando e aprendendo desta loita que ante todo é xusta e fraternal.
Asina deixando un comentario ou réplica. Emprega o que prefiras (Nome, alcume ou sitio web) e escribe o que desexes:luns, 17 de setembro de 2007
¡Estamos governados por virachaquetas!
O barrio xudeu de Ribadavia foi onte un crisol de ideoloxías unidas por unha mesma causa. Ecoloxistas, representantes da loita contra Reganosa en Ferrol, dirixentes de Esquerda Unida e persoas vinculadas á esquerda e ao mundo da cultura, como a actriz Mabel Rivera, compartiron con todos os alcaldes do PP na comarca do Ribeiro e os seus deputados autonómicos e estatais, pancartas e consignas contra a instalación en Carballeda de Avia dunha planta de tratamento de residuos que promove a Consellería de Medio Ambiente.
Ver nova en El Pais.
mércores, 12 de setembro de 2007
xoves, 6 de setembro de 2007
Os Cempés veñen a Mugardos
Manifestación 30 Setembro
sábado, 4 de agosto de 2007
Accidente en unha Planta de GNL en Australia
En 1998 Estoupou esta planta de Gas en Sidney, Australia.
40.000 evacuados en poucos minutos evitou unha catástrofe. Eran 800 Tm de GLP. Reganosa terá 300.000 Tm de GNL. Cada gasero 70.000Tm, e navegará a 500 mts das casas. No radio de 400 mts de Reganosa existen mais de 70 casas e viven sobre 180 persoas.
luns, 30 de xullo de 2007
xoves, 26 de xullo de 2007
Reganosa, La Cosa Nostra
Botando un ollo por YouTube atopei este vídeo que define moi ben o caso Reganosa.
luns, 23 de xullo de 2007
Laraxe en Festas
- 7 de Agosto
13:00 Misa Solemne na Igrexa parroquial.
Os cánticos litúrxicos a cargo do CORO PARROQUIAL DE MUGARDOS-MEÁ en honra a San Mamede.
- 10 de Agosto
8:00 Saúdo á Parroquia coas 21 Bombas de Palenque, Saida da Alborada percorrendo a Parroquia con Grupos de Gaitas.
13:00 Misa Solemne na Igrexa parroquial.
Os cánticos litúrxicos a cargo do CORO PARROQUIAL DE MUGARDOS-MEÁ en honra a San Lourenzo.
Sesión Vermouth coa Orquesta: HIROSHIMA
22:30 Comenzará a festa coas orquestas HIROSHIMA e AMADEUS
- 11 de Agosto
8:00 Saúdo á Parroquia coas 21 Bombas de Palenque
13:00 Misa Solemne na Igrexa parroquial.
Os cánticos litúrxicos a cargo do CORO PARROQUIAL DE MUGARDOS-MEÁ
Sesión Vermouth coa Orquesta: 5ª AVENIDA
22:30 Comenzará a festa coas orquestas 5ª AVENIDA e IMPACTO
- 12 de Agosto
14:00 Sardiñada
á noite faremos BAILE CON ORQUESTRA.
venres, 13 de xullo de 2007
A liña de seguridade de 400 metros estabelecida para Reganosa inclúe vivendas a menos distancia
O plan recoñece unha ampla lista de posíbeis accidentes, fixando até corenta tipos de emerxencias graves, e estabelece procedementos concretos para actuar en cada un deses casos. Malia a existencia de informes internacionais que advirten de que os efectos deste tipo de accidentes poden estenderse nunha ampla superficie arredor da planta de gas, o plan aprobado polo comité de Protección Civil restrinxe unicamente a 400 metros a chamada área "de seguridade" que consideran que sería afectada. Un área onde paradoxalmente, existen na actualidade vivendas particulares.
mércores, 11 de xullo de 2007
sábado, 7 de xullo de 2007
Verteduras incontroladas
Este vídeo foi gravado no ano 1994 nas inmediacións de Forestal del Atlántico, en Punta Promontorio, Mugardos, en esa charca que sae no vídeo se vertían restos dos productos químico da fabricación das colas que logo debido as choivas se desbordaba e ían parar ao mar, para colmo cando se fixo o recheo para a ampliación do peirao de Reganosa, todos estas verteduras foron parar dito recheo.