venres, 11 de xaneiro de 2008

Explosión dunha cisterna de Gas Natural Licuado




O 18 de Decembro de 2007 Reganosa iniciou o servizo de transporte de GNL mediante camións, está previsto que durante ou primeiro ano cárguense uns 72 camións ao mes na planta de Mugardos.
Ante a posibilidade de que se produza un accidente dun destes camións, convén informar das consecuencias que se poder producir nas proximidades do mesmo. Neste artigo da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros analiza o accidente ocorrido o sábado 22 de xuño de 2002 no termo municipal de Tivissa, na comarca da Ribeira d'Ebre, provincia de Tarragona.

O 8 de Setembro do 2003 un camión cargado de cola branca tivo un accidente na saída das instalacións de Forestal do Atlántico vertendo gran cantidade de cola ao mar.

luns, 7 de xaneiro de 2008

Ferrol, polo mar e a vida



Este documental, centrado na denuncia da planta de gas de Reganosa, foi realizado polos alumnos asistentes a un cursillo de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción, estando prevista a súa difusión en Latinoamérica dentro das iniciativas de accións comunitarias que leva a cabo por Acsur, a través do Noticiario InterCultural.
Este video pretende sensibilizar a opinión pública en torno a ría de Ferrol e á maior agresión mediaoambiental que se da no noso país, está narrado en primeira persoa por Carmelo Teixeiro Menéndez, membro de Fuco Buxán e Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Fuco Buxan 19-12-2007