xoves, 18 de xuño de 2009

¿En que gasta os cartos Castrillón?





No concello de Cabanas goberna (mellor dito mal goberna) o Partido Popular en coalición con AEC Agrupación de Electores de Cabanas, despois de unha subidas de impostos de mais de un 30% o señor alcalde dixo que nos quería equiparar aos concellos limítrofes como Pontedeume ou Fene.Pois ben, estamos equiparados en pagar impostos pero en servizos Cabanas deixa moito que desexar.
Neste caso non teñen cartos nin para limpar as cunetas de maleza, poñendo en risco aos peóns pois as pistas xa son estreitas de mais.
Como vemos na primeira foto no concello de Fene gastan os cartos en limpar as cunetas e tamén en asfaltar as estradas, mentres no lado de Cabanas están cheas de fochancas.
¿Sr. Castrillón en que gasta vostede os cartos dos nosos impostos?

1 comentario:

Anónimo dixo...

Eso nos preguntamos,as estradas estan cheas de furados e non se pode pasar como se ve na foto.Veña churrascos e festas que eso e o que importa!!Seguide votando a un alcalde que no se preocupa do pobo que esta nun estado lamentable.