venres, 20 de xuño de 2008

Unha vez mais o pobo sae á rúa e a xustiza dálle a razón en contra de Reganosa.




Preto de dous mil persoas manifestáronse o domingo 8 de xuño polas rúas de Ferrol en contra da localización da planta de gas no interior da ría, o percorrido terminou na casa do Concello onde esperaban algúns membros do CCE que levaban varios dias encerrados.
Se deron tamén a coñecer as novas ameazas para a ría como son a voadura dos fondos do canal de entrada á ría, a duplicación da capacidade de regasificación concedida recentemente, e o transporte de GNL en camións cisterna.
Tamén se deu a coñecer una boa nova do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulando a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Mugardos para construír a Planta.
Ao término da manifestación interveu o Coordinador do CCE Manuel Rodríguez Carballeira, que agradeceu o apoio e solidariedade e a presenza aquí de representantes de numerosas Asociacións integradas na Rede Galicia non véndese. Rafael Pillado membro do CCE falou en nome dos compañeiros e compañeiras encerrados no Concello desde o pasado martes, explicando o emprazamento feito á Corporación para que rexeite de forma clara a ubicación da Planta, e comunicando o fin do peche.