xoves, 25 de agosto de 2011

Inseguridade viaria en Cabanas I


En estes tempos de crise económica, con escaseza de auga no concello de Cabanas, cando se pide ós veciños que moderen o seu consumo, se corta a auga ás duchas da praia (cando vemos por outra lado o malgasto nas fontes do piñeiral), parecería que non é o momento oportuno para incomodar ós turistas con denuncias por estacionar de modo indebido na zona da praia da Magdalena, pois nada máis lonxe da realidade pois esta "vista gorda" é a política habitual da policía local de este concello que antepón o non multar ós veraneantes antes que asegurar unha verdadeira seguridade viaria, que é o seu traballo polo que cobran a final de mes.
Para mostra un botón, podemos apreciar nas fotos como unha beirarrúa da Avenida da Magdalena encontrase colapsada polos vehículos encima dela, e os viandantes teñen que circular pola rúa pois pola beirarrúa non poden, co risco de atropelo que isto conleva. Isto se chama INSEGURIDADE VIARIA EN CABANAS.

sábado, 30 de xullo de 2011

Festas en Laraxe 2011


Un ano máis estamos de festas en Laraxe os dias 10, 11 e 12 de Agosto (xa sabedes que non se poden cambiar os dias senón o santo incomodase), este ano coincide en mércores, xoves e venres, rematando coa sardiñada.
Invitámosvos a todos a que nos visitedes e pasedes connosco estes días de festa.
Agardemos que o bo tempo nos acompañe e poidamos gozar delas na vosa compaña e das nosas familias e amigos.

domingo, 1 de maio de 2011

Germán Castrillón é o alcalde máis nefasto que tivo Cabanas


Xosé Manuel Pérez Sardiña, onte, na Coruña. / carlos pardellas


O nacionalista Xosé Manuel Pérez Sardiña, tras catro anos de dura oposición con cantidade de críticas ao Goberno local e en concreto ao alcalde, Germán Castrillón, confía en acadar a Alcaldía para poñer solución, entre outras cousas, á situación económica do Concello

VIVIANA BURÓN | CABANAS Xosé Manuel Pérez Sardiña, que traballa no campo da investigación universitaria, preséntase por terceira vez como candidato do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á Alcaldía de Cabanas. Se gaña ás eleccións, sería o primeiro alcalde nacionalista do municipio.

-Que foi o peor destes últimos catro anos na política en Cabanas?

-A situación económica na que quedou o Concello pola mala xestión do Goberno local. Rematamos a lexislatura con resultados negativos tanto en 2010 como a previsión para o 2011. Subeu os impostos ca finalidade de pagar o Elpidio pero ao final descubriuse que unha maior parte foi para pagar cousas que non eran necesarias.

-Por exemplo?

-Grandes comidas e grandes fastos, asistencia de protocolo e xurídica. Tamén hai deficiencias na previsión das obras e mesmo nos orzamentos.

-E o mellor?

-A participación e mobilización dos vecinos para mellorar as cousas do seu contorno, como o pintado da N-651 ou o saneamento de Porto e Pedreiras.

-Este é un logro do Goberno local?

-Non. Aí é onde fallou o Goberno local, que nesa xestión non é capaz de acadar uns obxetivos de calidade, de eficiencia, cousas que deberían estar presentes na Administración local.

-Como afronta os próximos comicios?

-Coa confianza de que os vecinos de Cabanas sean conscientes da necesidade de un cambio.

-Con expectativas realistas de gobernar ou loita por acadar algún concelleiro máis?

-Non, a miña expectativa é o cambio de Goberno.

-Cal é a máis forte aposta do BNG se gaña as eleccións?

-Crear emprego potenciando as áreas sociais e de servizos e unha aposta en firme pola rehabilitación.

-Tras moitos rifirrafes có alcalde, Germán Castrillón, cal foi o maior erro do rexedor?

-Moitos! O outro día, a miña compañeira, Teresa García, dixo que Castrillón é o alcalde máis nefasto que tivo Cabanas e eu non lle quito a razón. Puido facer moitas cousas e non ás fixo.

laopinioncoruña.es