xoves, 28 de agosto de 2008

Exploxión nunha cheminea de Forestal do Atlántico



Neste fabulo vídeo que me mandou canariodopenedo e que subeu a YouTube ou compañeiro susete70 pódese ver como estoupa unha cheminea na planta petroquímica Forestal do Atlántico que se dedica á fabricación de colas e resinas e almacena nos seus tanques toneladas de produtos quimicos perigosos, e que ademais ten á beira a poucos metros Reganosa, unha perigosa e ilegal planta de rejasifición de GNL.
Unha vez mais se demostra que a este tipo de industrias se lle debería facer cumprir a machada a norma SEVESO II que obriga apartalas dá poboación 1500 mts como mínimo

mércores, 13 de agosto de 2008

Estoupa unha planta de gas en Toronto



Xornal Galicia Marítima | Martes, 12 Agosto, 2008 - 06:24
O pasado día 10 de agosto na cidade canadiana de Toronto produciuse unha explosión de 220.000 litros de gas propano. Milleiros de pesoas deberon ser evacuadas nun radio de 1.6 Kms. REGANOSA posue en Ferrol unha planta de gas licuado cunha capacidade 2000 veces maior que os depósitos que estouparon en Toronto. Si esta mesma emerxencia acontecera en REGANOSA, habería que evacuar á totalidade da poboación de Ferrol, de Mugardos e á maioría de Fene. No entanto, o ridículo "Plan de Emerxencia Exterior" de REGANOSA só contempla como máxima area de afectación 400 metros!!!