domingo, 1 de maio de 2011

Germán Castrillón é o alcalde máis nefasto que tivo Cabanas


Xosé Manuel Pérez Sardiña, onte, na Coruña. / carlos pardellas


O nacionalista Xosé Manuel Pérez Sardiña, tras catro anos de dura oposición con cantidade de críticas ao Goberno local e en concreto ao alcalde, Germán Castrillón, confía en acadar a Alcaldía para poñer solución, entre outras cousas, á situación económica do Concello

VIVIANA BURÓN | CABANAS Xosé Manuel Pérez Sardiña, que traballa no campo da investigación universitaria, preséntase por terceira vez como candidato do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á Alcaldía de Cabanas. Se gaña ás eleccións, sería o primeiro alcalde nacionalista do municipio.

-Que foi o peor destes últimos catro anos na política en Cabanas?

-A situación económica na que quedou o Concello pola mala xestión do Goberno local. Rematamos a lexislatura con resultados negativos tanto en 2010 como a previsión para o 2011. Subeu os impostos ca finalidade de pagar o Elpidio pero ao final descubriuse que unha maior parte foi para pagar cousas que non eran necesarias.

-Por exemplo?

-Grandes comidas e grandes fastos, asistencia de protocolo e xurídica. Tamén hai deficiencias na previsión das obras e mesmo nos orzamentos.

-E o mellor?

-A participación e mobilización dos vecinos para mellorar as cousas do seu contorno, como o pintado da N-651 ou o saneamento de Porto e Pedreiras.

-Este é un logro do Goberno local?

-Non. Aí é onde fallou o Goberno local, que nesa xestión non é capaz de acadar uns obxetivos de calidade, de eficiencia, cousas que deberían estar presentes na Administración local.

-Como afronta os próximos comicios?

-Coa confianza de que os vecinos de Cabanas sean conscientes da necesidade de un cambio.

-Con expectativas realistas de gobernar ou loita por acadar algún concelleiro máis?

-Non, a miña expectativa é o cambio de Goberno.

-Cal é a máis forte aposta do BNG se gaña as eleccións?

-Crear emprego potenciando as áreas sociais e de servizos e unha aposta en firme pola rehabilitación.

-Tras moitos rifirrafes có alcalde, Germán Castrillón, cal foi o maior erro do rexedor?

-Moitos! O outro día, a miña compañeira, Teresa García, dixo que Castrillón é o alcalde máis nefasto que tivo Cabanas e eu non lle quito a razón. Puido facer moitas cousas e non ás fixo.

laopinioncoruña.es