martes, 10 de novembro de 2009

Descarga do 54 gasero en Reganosa por razóns técnicas de seguridade.


Segundo a súa programación, Reganosa, non tiña prevista descargas hasta o 30 de Novembro.
ENAGAS, Xestor Técnico do Sistema Gasístico, desvía este buque (previsto para Barcelona) á Planta de Mugardos, por razóns técnicas e de seguridade da Planta, evitando, que ésta, ao carecer de demanda, e no manter os niveis mínimos, alcance os recomendados mara manter o fluxo sen liberalo a atmósfera ou queimalo.
Con esta manobra, o gas demandado en Cataluña remítese desde Mugardos, incrementando, polos gastos de bombeo, o seu custo final.
Esta intervención do Xestor do Sistema, supón unha confirmación, de que a Planta de Gas de Reganosa, nin é extratéxica, nin ten demanda dos comercializadores de gas, para funcionar tan siquera baixo mínimos e que non está xa pechada para non perder as retribucións do Sistema. Retribucións que saen do peto de todos os cidadáns.

Ler a nota do CCE en detalle:
Ante a próxima entrada dun gaseiro na ría de Ferrol queremos destacar o seguinte:
Segundo a programación do mes de novembro, Reganosa non tiña previsto descargar ningún barco até o día 30 de novembro. Entón por que o adiantan ao día 10?
A nota de Enagas, Xestor Técnico do Sistema Gasistico, do día 29 de outubro, di que:
A programación inicial de entradas e saídas de transporte no sistema gasista por parte dos usuarios para o mes de novembro de 2009, dá como resultado unha achega de GNL na Planta de Mugardos insuficiente para atender a produción diaria mínima desde dita planta de regasificación, en aplicación do Protocolo de Rangos Admisibles PD-09, que garanta o suficiente fluxo de GNL no relicuador e que evite a emisión de metano á atmosfera.
Para solucionar este problema técnico, desvían un gaseiro que tiña prevista a súa descarga en Barcelona para facelo en Mugardos.
Nesa nota cita o Protocolo de Rangos Admisibles PD-09, que é un protocolo aprobado pola Dirección de política Enerxética e Minas en abril do 2007, onde fala da necesidade de que cada planta de regasificación dispoña dun volume mínimo -gas talón- para asegurar que se vai poder relicuar o gas de boil-off que se xera de forma natural nos tanques evitando así a súa emisión á atmosfera.
A generacion de gas de bolil-off é inevitable dada a baixa temperatura do GNL respecto ao ambiente, a pesar de todo o illamento con que contan os tanques. Se nos tanques non hai GNL suficiente para poder realizar esta operación de relicuación, incrementaríase a cantidade de gas no seu interior e para evitar que suba a presión dentro do tanque, obrigaría a emitir o exceso á atmosfera.
Enagas, como xestor do sistema, adoita tomar como valor medio do gas talón para cada planta o 9 % da súa capacidade total. Isto é, no caso de Mugardos con dous tanques de 150.000 m3 debería ter sempre almacenados por encima de 27.000 m3 de GNL entre os dous tanques. Mirando a programación dos meses de outubro e novembro, o día 13 de novembro alcanzaríase o valor mínimo dos 27.000 m3 fixado como valor de gas talón. Como na programación non tiñan previsto outra descarga até o 30 de novembro por falta de demanda, é polo que o xestor do sistema obrígalles, por razóns técnicas, a descargar en Mugardos un buque que ía destinado a outra planta.
Noutros documentos do xestor técnico do sistema gasístico, por encima do gas talón de 27.000 m3 hai outro límite mais alto que é o que ENAGAS chama “existencia minima por seguridade técnica” que no caso de Reganosa é de 44.713 m3, segundo apréciase no documento “mínimos técnicos zonais para o mes de novembro 2009”, que adxunto.
Suponse que Reganosa non quere pechar a planta definitivamente pois isto suporía deixar de cobrar as retribucións do sistema, pero si os comercializadores de gas non lle contratan regasificación suficiente vai estar obrigada a facelo antes ou despois. Se non fai programación é por falta de contratos e por iso só conta cunha produción constante de só 35 GWh/dia, que pouco mais é que manter a presión no gasoduto para compensar perdas.
¿Onde está a necesidade estratéxica de Reganosa se non ten contratados consumos suficientes, nin sequera para un funcionamento baixo mínimos? Non temos ningunha necesidade de tela no interior da ria. Só serve para manter un risco innecesario xa que deberían ser eles os que contratasen a descarga de gaseros (á súa costa se fose necesario) sen esperar a que o xestor técnico chámelles a atención e obríguelles a iso. ¿Non deberían estar eles pendentes de que o gas nos tanques superase sempre o gas talón e as existencias mínimas por seguridade técnica?
Á parte do risco a que someten á poboación, este feito representa unha proba máis de que esta planta é onerosa para o sistema, xa que si este gas ía ser descargado en Barcelona, quere dicir que os consumos estaban comprometidos por esa zona e agora hai que transportalos desde Galicia. A perdida de presión nos gasodutos está entre 0.1 e 0.2 bar por quilómetro, dependendo do diámetro e estado de conservación. Por cada 100 km de transporte por gasoduto caerían entre 10 e 20 bar, co que obriga a ter unha estación de bombeo para elevar e manter a presión. O consumo das sucesivas estacións de bombeo é un gasto máis para o sistema e por tanto para todos os usuarios que deben pagar a falta de previsión dos responsables da planta de Mugardos.
Ademais o feito de que o xestor do sistema teña que ordenar a desviación dun gaseiro a descargar na planta de Mugardos para asegurar os límites mínimos de seguridade técnica dános idea da irresponsabilidade dos xestores da planta de Mugardos, xa que deberían ser eles os que fixesen a previsión e planificación de descargas necesarias.

Ferrol, 9 de novembro 2009

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

martes, 13 de outubro de 2009

O concello de Cabanas gasta 12000 euros en churrasco en dous anos


A viceportavoz do Bloque Nacionalista Galego de Cabanas, Teresa García, denuncia que o Goberno local do Partido Popular destinou 12.426 euros para comprar "churrasco" para a celebración de Santa Marta dos anos 2007 e 2008. O BNG cre que esta "avultada factura" pódese corresponder coa compra de 1.450 quilos de "costela e chourizos criollos".

O comunicado do grupo nacionalista reflexa que a factura de 2008 presentada á Corporación polo Goberno bipartito declara a cantidade de 748 quilogramos de costela en tiras conxelada. Explica que cada quilo de carne repártese en preto de tres pratos, "unha cantidade coa que se podería dar para comer a todos os veciños adultos de Cabanas durante dous días".

Ademais, apunta, o quilo de churrasco en Santa Marta custou preto de 8,59 euros mentres que o seu prezo de "mercado" oscilaría entre 2,50 e 3 euros segundo a calidade.

laopinioncoruña.es

Xa sabemos en que gasta os cartor Castrillon.
relacionada:http://cardido.blogspot.com/2009/06/en-que-gasta-os-cartos-castrillon.html

xoves, 10 de setembro de 2009

Os refugallos de Holanda para Vilar do Colo


Traen para Vilar do Colo os refugallos que non queren en Holanda. A Asociación ecoloxista Aetna denuncia o depósito nunha zona próxima ao polígono industrial de Fene e Cabanas de material contaminante altamente tóxico. Trátase de residuos procedentes do asfalto e de antigas estradas.

radiofusión


Colectivo Ártabra 21

martes, 30 de xuño de 2009

Estoupa un tren cargado con gas en Viareggio (Italia) e causa 15 mortos


O accidente produciuse cando o convoi achegábase á estación da localidade de Viareggio. Hai ao redor de 50 feridos e varios edificios viñéronse abaixo.
Dous vagóns de tren que transportaban gas explotaron esta noite preto da estación da localidade italiana de Viareggio, pertencente á provincia de Lucca, ao norte da rexión de Toscana. Segundo fontes oficiais, o accidente causou polo menos trece mortos e máis de 50 feridos, 36 deles en estado grave.

Canta xente ten que morrer para que os nosos dirixentes se dean conta do perigo que ten unha planta de gas como reganosa tan cerca de zoas pobladas.

Canta xente ten que morrer para que os nosos dirixentes se den conta do perigo que ten unha planta de gas como reganosa tan cerca de zoas pobladas

El Pais
Corriere dela Sera

luns, 29 de xuño de 2009

3ª Marcha a pé Ferrol Mugardos


O Comité Cidadán de Emerxencia convoca para o próximo dia 23 de xullo a 3ª Marcha a pé de Ferrol a Mugardos, conmemorando o segundo aniversario do peche (111días) dá veciñanza de Meá na casa do Concello de Mugardos, en protesta dá ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa.
A marcha sairá do parque "Carmelo Teixeiro" en Caranza ás 17:00 Hs, finalizando no parque dos Carneiros en Mugardos ás 21:00 Hs, onde se reporán forzas con música, cervexa, chourizos e liscos.
Lembranza, Protesta, Divertimento e Reivindicación daranse a man o vindeiro 23 de Xullo de 2009 en Mugardos.
A Loita Continua
!! Planta de Gas Fóra da Ría !!

xoves, 18 de xuño de 2009

¿En que gasta os cartos Castrillón?





No concello de Cabanas goberna (mellor dito mal goberna) o Partido Popular en coalición con AEC Agrupación de Electores de Cabanas, despois de unha subidas de impostos de mais de un 30% o señor alcalde dixo que nos quería equiparar aos concellos limítrofes como Pontedeume ou Fene.Pois ben, estamos equiparados en pagar impostos pero en servizos Cabanas deixa moito que desexar.
Neste caso non teñen cartos nin para limpar as cunetas de maleza, poñendo en risco aos peóns pois as pistas xa son estreitas de mais.
Como vemos na primeira foto no concello de Fene gastan os cartos en limpar as cunetas e tamén en asfaltar as estradas, mentres no lado de Cabanas están cheas de fochancas.
¿Sr. Castrillón en que gasta vostede os cartos dos nosos impostos?

domingo, 31 de maio de 2009

PRIMEIRO "LARAXE IN ROCK"

A Noite do 30 de Maio, Laraxe encheuse do son das guitarras eléctricas e as baterías dos grupos de Rock: Dirty Socks Patrol (Fene), Bronze (Pontedeume), Lady Evil (Ferrol) e Rockaway (Fene).
Os asistentes puidemos gozar do Primeiro "LARAXE IN ROCK" organizado pola comisión de festas de este ano que se merece un gran recoñecemento polo traballo que fixo e esta a facer para poder ter unhas boas festas en Agosto.


Lady Evil


Rockaway

venres, 22 de maio de 2009

30 de Maio, I Festival Rock en Laraxe



Un total de catro grupos noveis das comarcas de Eume e Ferrol actuarán na primeira edición de Rock in Laraxe, un festival musical que se celebrará o próximo día 30 nesta parroquia de Cabanas.
Dirty Socks Patrol (Fene), Bronze (Pontedeume), Lady Evil (Ferrol) e Rockaway (Fene) empezarán a tocar a partir das 21.00 horas no campo da festa de Laraxe.
O recinto contará cunha carpa no caso de que chova, así como servizo de bar e de venda de bocadillos. A entrada será libre. Os que realicen consumicións no bar da comisión de festas -que organizou este festexo musical- recibirán un regalo sorpresa.

laopinioncoruña.es
paxina da comisión de festas de laraxe 2009: festasdelaraxe.tk

sábado, 2 de maio de 2009

Cerca de 200 persoas acudiron á homenaxe dos loitadores antifascistas en Mehá


Os convocantes recordaron no transcurso do acto a todos aqueles homes e mulleres que “foron proletarios e deron a vida na loita en favor do operario galego e mundial: o socialismo” e que, sendo ou non guerrilleiros “estaban a favor do mellor para Galicia e a humanidade”. Na convocatoria de onte participaron unhas duascentas persoas, tal e como se apuntaba onte mesmo dende a organización.Os asistentes ao acto tiveron palabras de recordo para Francisco Martínez “Pancho”, Manuel Bastida “O Chone”, Florentino Iglesias, Joaquín Seco, Ramón Díaz e Andrés Dopico. No transcurso da convocatoria procedeuse á lectura das adhesións que remitiron -por non poder asistir- varias entidades relacionadas coa Memoria Histórica e tamén a de poemas, como un de Claudio Rodríguez Fer adicado a Amada García. O Ateneo, Carlos Velasco, Bernardo Máiz, Carme Filgueiras e Manuel López foron algunhas das moitas persoas que se quixeron sumar onte á convocatoria, aínda que algúns deles lamentaron non poder estar presentes na mesma.

Na homenaxe non faltou a música, a cargo do gaiteiro Antón Varela, e para poñer fin á mesma procedeuse a realizar a tradicional ofrenda floral.

Diario de Ferrol Unhas 200 persoas homenaxean en Meha a seis fusilados na Guerra Civil

relacionada: O fillo do guerrilleiro proscrito

Galeria de fotos

venres, 3 de abril de 2009

Despois de case dous anos xa esta instalado o sistema acústico de alarma




Despois de case dous anos de funcionamento dá planta de gas de Reganosa instalada no interior dá ria de Ferrol, xa esta colocada a torreta que con aproximadamente quince metros de altura dá soporte ao sistema acústico de alarma.
Dá moito medo ver esa torreta de 15 mts á veira dás casas acentuando mais se cabe o temor dos veciños que teñen que pasar a carón dela a diario. Tamén dá que pensar que dita obra se fixera xusto despois dás eleccións á Xunta de Galicia.

xoves, 12 de marzo de 2009

As sirenas cerca óense mellor




Xa comezaron as obras para a colocación do sistema acustico de aviso de urxencia e para que non exista dúbida sobre a súa eficacia á hora de anunciar posibles accidentes co seu potente son, non colocan a torreta das sirenas no recinto da planta senón no exterior e xusto á beira das casas mais proximas para que os veciños escóitena con claridade e corran a buscar a cinta illante a radio e a lanterna.
Pregúntome se todo isto vale de algo ante o perigo dun escape de gas que con toda seguridade prenderia en chamas e convertería a zona nun autentico crematorio.