sábado, 2 de maio de 2009

Cerca de 200 persoas acudiron á homenaxe dos loitadores antifascistas en Mehá


Os convocantes recordaron no transcurso do acto a todos aqueles homes e mulleres que “foron proletarios e deron a vida na loita en favor do operario galego e mundial: o socialismo” e que, sendo ou non guerrilleiros “estaban a favor do mellor para Galicia e a humanidade”. Na convocatoria de onte participaron unhas duascentas persoas, tal e como se apuntaba onte mesmo dende a organización.Os asistentes ao acto tiveron palabras de recordo para Francisco Martínez “Pancho”, Manuel Bastida “O Chone”, Florentino Iglesias, Joaquín Seco, Ramón Díaz e Andrés Dopico. No transcurso da convocatoria procedeuse á lectura das adhesións que remitiron -por non poder asistir- varias entidades relacionadas coa Memoria Histórica e tamén a de poemas, como un de Claudio Rodríguez Fer adicado a Amada García. O Ateneo, Carlos Velasco, Bernardo Máiz, Carme Filgueiras e Manuel López foron algunhas das moitas persoas que se quixeron sumar onte á convocatoria, aínda que algúns deles lamentaron non poder estar presentes na mesma.

Na homenaxe non faltou a música, a cargo do gaiteiro Antón Varela, e para poñer fin á mesma procedeuse a realizar a tradicional ofrenda floral.

Diario de Ferrol Unhas 200 persoas homenaxean en Meha a seis fusilados na Guerra Civil

relacionada: O fillo do guerrilleiro proscrito

Galeria de fotos

Ningún comentario: