martes, 10 de novembro de 2009

Descarga do 54 gasero en Reganosa por razóns técnicas de seguridade.


Segundo a súa programación, Reganosa, non tiña prevista descargas hasta o 30 de Novembro.
ENAGAS, Xestor Técnico do Sistema Gasístico, desvía este buque (previsto para Barcelona) á Planta de Mugardos, por razóns técnicas e de seguridade da Planta, evitando, que ésta, ao carecer de demanda, e no manter os niveis mínimos, alcance os recomendados mara manter o fluxo sen liberalo a atmósfera ou queimalo.
Con esta manobra, o gas demandado en Cataluña remítese desde Mugardos, incrementando, polos gastos de bombeo, o seu custo final.
Esta intervención do Xestor do Sistema, supón unha confirmación, de que a Planta de Gas de Reganosa, nin é extratéxica, nin ten demanda dos comercializadores de gas, para funcionar tan siquera baixo mínimos e que non está xa pechada para non perder as retribucións do Sistema. Retribucións que saen do peto de todos os cidadáns.

Ler a nota do CCE en detalle:
Ante a próxima entrada dun gaseiro na ría de Ferrol queremos destacar o seguinte:
Segundo a programación do mes de novembro, Reganosa non tiña previsto descargar ningún barco até o día 30 de novembro. Entón por que o adiantan ao día 10?
A nota de Enagas, Xestor Técnico do Sistema Gasistico, do día 29 de outubro, di que:
A programación inicial de entradas e saídas de transporte no sistema gasista por parte dos usuarios para o mes de novembro de 2009, dá como resultado unha achega de GNL na Planta de Mugardos insuficiente para atender a produción diaria mínima desde dita planta de regasificación, en aplicación do Protocolo de Rangos Admisibles PD-09, que garanta o suficiente fluxo de GNL no relicuador e que evite a emisión de metano á atmosfera.
Para solucionar este problema técnico, desvían un gaseiro que tiña prevista a súa descarga en Barcelona para facelo en Mugardos.
Nesa nota cita o Protocolo de Rangos Admisibles PD-09, que é un protocolo aprobado pola Dirección de política Enerxética e Minas en abril do 2007, onde fala da necesidade de que cada planta de regasificación dispoña dun volume mínimo -gas talón- para asegurar que se vai poder relicuar o gas de boil-off que se xera de forma natural nos tanques evitando así a súa emisión á atmosfera.
A generacion de gas de bolil-off é inevitable dada a baixa temperatura do GNL respecto ao ambiente, a pesar de todo o illamento con que contan os tanques. Se nos tanques non hai GNL suficiente para poder realizar esta operación de relicuación, incrementaríase a cantidade de gas no seu interior e para evitar que suba a presión dentro do tanque, obrigaría a emitir o exceso á atmosfera.
Enagas, como xestor do sistema, adoita tomar como valor medio do gas talón para cada planta o 9 % da súa capacidade total. Isto é, no caso de Mugardos con dous tanques de 150.000 m3 debería ter sempre almacenados por encima de 27.000 m3 de GNL entre os dous tanques. Mirando a programación dos meses de outubro e novembro, o día 13 de novembro alcanzaríase o valor mínimo dos 27.000 m3 fixado como valor de gas talón. Como na programación non tiñan previsto outra descarga até o 30 de novembro por falta de demanda, é polo que o xestor do sistema obrígalles, por razóns técnicas, a descargar en Mugardos un buque que ía destinado a outra planta.
Noutros documentos do xestor técnico do sistema gasístico, por encima do gas talón de 27.000 m3 hai outro límite mais alto que é o que ENAGAS chama “existencia minima por seguridade técnica” que no caso de Reganosa é de 44.713 m3, segundo apréciase no documento “mínimos técnicos zonais para o mes de novembro 2009”, que adxunto.
Suponse que Reganosa non quere pechar a planta definitivamente pois isto suporía deixar de cobrar as retribucións do sistema, pero si os comercializadores de gas non lle contratan regasificación suficiente vai estar obrigada a facelo antes ou despois. Se non fai programación é por falta de contratos e por iso só conta cunha produción constante de só 35 GWh/dia, que pouco mais é que manter a presión no gasoduto para compensar perdas.
¿Onde está a necesidade estratéxica de Reganosa se non ten contratados consumos suficientes, nin sequera para un funcionamento baixo mínimos? Non temos ningunha necesidade de tela no interior da ria. Só serve para manter un risco innecesario xa que deberían ser eles os que contratasen a descarga de gaseros (á súa costa se fose necesario) sen esperar a que o xestor técnico chámelles a atención e obríguelles a iso. ¿Non deberían estar eles pendentes de que o gas nos tanques superase sempre o gas talón e as existencias mínimas por seguridade técnica?
Á parte do risco a que someten á poboación, este feito representa unha proba máis de que esta planta é onerosa para o sistema, xa que si este gas ía ser descargado en Barcelona, quere dicir que os consumos estaban comprometidos por esa zona e agora hai que transportalos desde Galicia. A perdida de presión nos gasodutos está entre 0.1 e 0.2 bar por quilómetro, dependendo do diámetro e estado de conservación. Por cada 100 km de transporte por gasoduto caerían entre 10 e 20 bar, co que obriga a ter unha estación de bombeo para elevar e manter a presión. O consumo das sucesivas estacións de bombeo é un gasto máis para o sistema e por tanto para todos os usuarios que deben pagar a falta de previsión dos responsables da planta de Mugardos.
Ademais o feito de que o xestor do sistema teña que ordenar a desviación dun gaseiro a descargar na planta de Mugardos para asegurar os límites mínimos de seguridade técnica dános idea da irresponsabilidade dos xestores da planta de Mugardos, xa que deberían ser eles os que fixesen a previsión e planificación de descargas necesarias.

Ferrol, 9 de novembro 2009

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

1 comentario:

Anónimo dixo...

A coz de Galicia responde presto á voz do seu amo: http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/11/10/0003_8095982.htm